Código |
Descrición |
B1 |
Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos |
B2 |
Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro |
B3 |
Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar |
B4 |
Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá |
B6 |
Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida |
B11 |
Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural |
C1 |
Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao periodo 6-12 no contexto familiar, social e escolar |
C4 |
Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento |
C46 |
Falar, ler e escribir correcta e adecuadamente nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma correspondente |
C49 |
Coñecer as dificultades para a aprendizaxe das linguas oficiais de estudantes doutras linguas |
D1 |
Capacidade de análise e síntese |
D3 |
Comunicación oral e escrita na lingua materna |
D12 |
Habilidades nas relacións interpersoais |
D13 |
Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade |
D14 |
Razoamento crítico |
D18 |
Creatividade |