Guia docente 2024_25
Escola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua galega
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Lingua galega Código V51G120V01404
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Departamento da E.U. de Formación de Profesorado de E.X.B. (Vigo)
Coordinador/a
Rodríguez Lorenzo, María del Carmen
Correo-e maria.rodriguezlore@ceu.es
Profesorado
Rodríguez Lorenzo, María del Carmen
Web http://http://www.escuelamagisterioceuvigo.es/
Descrición xeral O Grao en Educación Primaria esixe que o futuro docente posúa, ademais dunha ampla formación en aspectos psicopedagóxicos, un dominio cabal de ferramenta básica e imprescindible na comunicación: a lingua. Tal competencia é condición sine qua non para a transmisión de coñecementos e para formar os discentes dun xeito integral. E tres son as destrezas que os profesores deben perfeccionar nas aulas para alcanzar os obxectivos inherentes á aprendizaxe desta materia: a capacidade lectora (comprensión, ritmo, dicción), a expresión oral (corrección, claridade, fluidez) e a expresión escrita (corrección, cohesión, propiedade).
O futuro mestre de Educación Primaria deberá, polo tanto, adquirir un nivel adecuado de lingua galega que lle permita o dominio das destrezas arriba sinaladas (lectura expresiva, expresión oral e expresión escrita) para levar a cabo unha tripla tarefa: utilizar a lingua galega como lingua normal no ensino, servir de modelo de corrección lingüística aos seus alumnos e detectar e corrixir os erros que estes poidan cometer na lingua oral e na escrita.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000