A xeografía é unha ciencia multidisciplinar que contempla as complexas e, ás veces, delicadas relacións entre as paisaxes, os climas, o medio ambiente e o medio xeográfico nos que se desenvolve a vida sobre a Terra, así como o impacto que a acción do home produce sobre ela. A supervivencia da humanidade e das outras especies da Terra, dependerá, en última instancia, da nosa lucidez e da nosa capacidade para manter o delicado e inestable equilibrio do noso medio vital. De aí a importancia que ten o ensino da xeografía na formación do alumno. A materia abarca tamén os aspectos sociais e económicos, que se centrarán no estudo da Unión Europea como espazo común. Sendo unha realidade cada vez máis presente na nosa vida.
Preténdese a adquisición, por parte do alumnado, dos coñecementos básicos para comprender os feitos xeográficos e a súa repercusión en todos os aspectos da vida. É esencial o desenvolvemento das capacidades de análises e sínteses e de comprensión da «dimensión espacial».