Prácticas de laboratorio |
Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades
básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense en espazos
especiais con equipamento especializado (laboratorios científico-técnicos, de idiomas, etc). |
Traballo tutelado |
O estudante, de xeito individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia
ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Xeneralmente trátase dunha actividade autónoma de/dos estudante/s que inclúe a procura e
recolleita de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción.
|
Lección maxistral |
Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante. |