Presentación |
As exposicións faranse sobre temas propostos pola profesora. Poranse en común na aula, onde se valorará a estrutura dos contidos, a boa disposición para traballar en grupo, a eficacia para solicitar e seleccionar a información, a capacidade para falar en público, a presentación, etc. |
Traballo tutelado |
Traballos realizados de maneira individual ou en grupo polo alumnado, orientados ao achegamento á bibliografía especializada, aos instrumentos de recompilación de información e ás fontes propias da Historia do Presente. Realizaranse fóra e dentro da aula, tutelados polo profesor. |
Traballo tutelado |
Presentación e entrega, nas datas sinaladas, dos traballos realizados de maneira individual ou en grupo por parte do alumnado. Valorándose o marco teórico, a estrutura e articulación do traballo, a reflexión crítica sobre as fontes e a presentación formal do mesmo. |
Lección maxistral |
Explicación dos contidos da materia pola profesora, debates dirixidos, achega persoal do alumnado. |