Esta materia forma parte do módulo temático "Procesos e Contextos Educativos", de carácter básico.
Pretende que o alumnado poida proximarse á realidade educativa, de maneira que vaian adquirindo as competencias demandadas na actualidade, facendo fincapé naquelas que favorecen a implicación responsable e innovadora na educación, tanto en centros escolares como noutras posibles realidades educativas.