O sistema de avaliación
pretende que o alumnado participe no seu proceso de aprendizaxe. Con carácter
xeral, procurarase unha AVALIACIÓN CONTINUA na que se teñan en conta tanto os
coñecementos previos do alumnado como a súa participación activa e responsable
no proceso de aprendizaxe e o seu resultado final. A cualificación final do
sistema de avaliación continua será o resultado da suma das distintas
cualificacións obtidas das actividades desenvolvidas, segundo as porcentaxes
asignadas, segundo se estipula no cadro anterior. Para aprobar a materia hai
que aprobar os traballos e o exame. Mentres non se supere o exame, non se
sumarán as cualificacións dos traballos tutelados e dos traballos de clase, e
viceversa. Aqueles alumnos que non superen a materia en primeira convocatoria
manterán a cualificación daqueles traballos/actividades superados e deberán
presentarse de novo ao exame e aos traballos/actividades non superados na
segunda convocatoria. Non se terán en conta en posteriores convocatorias AVALIACIÓN GLOBAL: Aqueles
alumnos que non asistan a clase ou estean ausentes a máis do 20% do total das
clases impartidas (6 días, 12 horas) deberán aterse ao sistema de avaliación
global que se desenvolverá segundo o disposto nos artigos 19 e 21 do
Regulamento de Avaliación, Cualificación e Calidade da Ensinanza e do Proceso
Docente do Alumnado, aprobado polo Claustro da UVigo, o 18 de abril de 2023. -As datas oficiais dos
exames pódense consultar na WEB da Escola Universitaria de Maxisterio, no
espazo "exames". -Calquera traballo copiado,
plaxiado ou realizado pola IA será calificado con 0. -Queda prohibido utilizar o
teléfono móbil na aula, salvo que o profesorado o estableza por razóns pedagóxicas,
aínda que neste caso primarase o uso de ordenadores ou tabletas. O acceso aos
dispositivos móbiles para realizar traballos estará sempre baixo a autorización
do profesor. -Os alumnos que utilicen
teléfonos móbiles durante as clases serán inmediatamente expulsados da clase. -Respectaranse
rigorosamente as datas de entrega da obra. Non se recollerá ningunha obra
despois da data establecida. -Para a avaliación teranse
en conta as faltas de ortografía e de presentación, tanto do traballo realizado
como do exame. Cada falta grave de ortografía descontará 0,20. Por 2 erros
menores de sintaxe, significado, presentación ou/e acentos, restarase 0,10. -Non se responderán os
correos electrónicos durante o período vacacional. |