Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos |
B4 |
Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá |
B6 |
Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida |
B8 |
Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas |
B9 |
Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sustentable |
B10 |
Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes |
B12 |
Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos |
C1 |
Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao periodo 6-12 no contexto familiar, social e escolar |
C8 |
Coñecer os fundamentos da Educación Primaria |
C9 |
Analizar a práctica docente e as condicións institucionais que a enmarcan |
C10 |
Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e legislativos da actividade educativa |
C17 |
Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en Educación Primaria |
C18 |
Participar na definición do proxecto educativo e na actividade xeral do centro atendendo a criterios de xestión de calidade |
C21 |
Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar no periodo 6-12 |
C26 |
Coñecer o currículo escolar destas ciencias |
C35 |
Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica entre os pobos
|
C64 |
Relacionar teoría e práctica coa realidade do aula e do centro |
C66 |
Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro |
C69 |
Estas competencias, xunto coas propias do resto de materias, quedarán reflectidas no Traballo fin de Grado que compendia a formación adquirida ao longo de todos as ensinanazas descritas |
D1 |
Capacidade de análise e síntese |
D2 |
Capacidade de organización e planificación |
D3 |
Comunicación oral e escrita na lingua materna |
D6 |
Capacidade de xestión da información |
D7 |
Resolución de problemas |
D8 |
Toma de decisións |
D9 |
Traballo en equipo |
D14 |
Razoamento crítico |
D15 |
Compromiso ético |
D16 |
Aprendizaxe autónoma |
D18 |
Creatividade |
D19 |
Lideranza |
D22 |
Motivación pola calidade |
D23 |
Sensibilidade por temas medioambientais |