A materia supón unha introdución á natureza e á importancia do xogo na idade infantil. Para isto realizarase unha conceptualización e fundamentación do xogo facendo fincapé na súa relevancia como recurso didáctico e tratando, asimesmo, as novas tendencias nos xogos infantís.