Preténdese que o futuro docente posúa un dominio amplo de diversos aspectos da lingua e a literatura galegas. Ademais dun dominio lingüístico tamén se incide na formación literaria. A materia concíbese para profundar nos coñecementos lingüísticos impartidos en cursos anteriores e para achegar coñecementos sobre a literatura infantil e xuvenil galega, buscando fornecer o alumnado cos rudimentos necesarios para a comprensión e análise de textos literarios prosísiticos e poéticos.