Recoméndase encarecidamente a lectura detida e reflexionada da presente Guía Docente, coas súas correspondentes consultas nas horas introductorias da materia.
Igualmente, recoméndase -desde o momento que o alumno/a tome conciencia de que desexa cursar dita materia- a lectura frecuente e variada de artigos científicos, capítulos de libros e libros, relacionados co tema das oportunidades, beleza, importancia e dificultades da familia. Así como a lectura e práctica de estratexias para falar en público.
A familiarización coa plataforma insitucional Blackboard Ultra a través da Intranet Mircrosoft 365, cos seus correspondentes equipos, resultará imprescindible para o desenvolvemento da materia.
Será de gran axuda que o alumno/a poña a súa foto nas condicións e o lugar establecido para iso, no primeiros sete días do inicio do cuadrimestre ou antes, dado que facilita o labor da profesora. Grazas. |