O alumno/a poderá consultar ao principio da clase calquera dúbida que lle xurda. Resulta conveniente que esgote en primeiro lugar este medio, polos beneficios que se poden seguir para el e para os demais compañeiros/as en relación ao mesmo. En calquera caso, si aínda así o considera necesario, o alumno/a poderá facer uso da Tutoría Académica designada no horario lectivo para cada unha das materias, no horario establecido.
Probas
Descrición
Traballo
As condicións deste traballo exporanse na aula durante o curso e estarán dispoñibles no curso da Blackboard Ultra correspondente a devandita materia. O alumno/a poderá solicitar por mail tutoría, ao longo do cuadrimestre, para consultar calquera dúbida que teña respecto da redacción do texto final, obxecto do seu traballo.