Lección maxistral |
EXPOSICIÓN POR PARTE DO DOCENTE DOS DISTINTOS CONTIDOS DA MATERIA.
Co fin de mellorar o valor didáctico deste método expositivo, introduciranse elementos motivadores que inviten ao alumnado a participar, debater razoado e xerar un ambiente de aprendizaxe dinámico e aberto. Para que isto suceda, incorporaranse paralelamente os seguintes recursos didácticos e estratexias: exploración das ideas ou coñecementos previos do alumnado, proxección de materiais audiovisuais, comentarios de textos, animacións, etc. |
Traballo tutelado |
O alumnado, individualmente ou en grupo, elabora documentos ou actividades sobre diferentes temas da materia. Elaborar investigacións, informes, comentarios críticos sobre lecturas, presentacións, etc. Polo xeral é unha actividade autónoma que inclúe a busca e recollida de información, lectura e xestión de bibliografía e uso das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). En xeral, o tema e o enfoque pode ser proposto polo alumnado, aínda que sempre é necesario o acordo previo co profesor. Os traballos poden ser individuais ou en grupo a criterio do profesor. |
Seminario |
Sesións presenciais que o alumno realiza en grupo reducido co profesorado da materia para o asesoramento/desenvolvemento das actividades e do proceso de aprendizaxe. |