O sistema de avaliación pretende que o alumnado participe no seu proceso de aprendizaxe. En liñas xerais, buscarase unha AVALIACIÓN CONTINUA na que se teñan en conta tanto os coñecementos previos do alumnado como a súa participación activa e responsable no proceso de aprendizaxe e no seu resultado final.
A cualificación final do sistema de avaliación continua será o resultado da suma das diferentes notas obtidas das actividades desenvolvidas, segundo as porcentaxes asignadas, segundo o estipulado no cadro anterior. Para aprobar a materia hai que superar os traballos e o exame por separado. Será necesario acadar unha nota mínima de aprobado (5 sobre 10) en cada un dos apartados establecidos no apartado de avaliación desta guía. Mentres non se supere o exame, non se sumarán as cualificacións dos traballos supervisados e dos traballos de clase. Os alumnos que non superen a materia na primeira convocatoria conservarán a nota daqueles traballos/actividades superados e deberán presentarse de novo ao exame e aos traballos/actividades non superados na segunda convocatoria.
AVALIACIÓN EN 2a CONVOCATORIA:
De non superar a materia na 1a convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo:
Se es alumno/a que optou pola avaliación continua na 1a convocatoria poderás realizar as actividades pendentes dunha avaliación positiva.
No caso de ser alumno/a que non cumpriu o 80% mínimo de asistencia, que non se presentou ao exame ou que non obtivese unha avaliación positiva nel na 1a convocatoria, deberá presentarse ao exame teórico/práctico (según corresponda) .
AVALIACIÓN GLOBAL: Aqueles alumnos que non asistan a clase ou se ausenten a máis do 20% do total das clases impartidas (6 días, 12 horas) deberán acollerse ao sistema de avaliación global que se desenvolverá segundo o establecido nos artigos 19 e 21. do Regulamento de Avaliación, Cualificación e Calidade da Ensinanza e do Proceso Docente do Alumno, aprobado polo Claustro da UVigo, o 18 de abril de 2023. E será a túa responsabilidade coñecer os traballos e actividades desenvolvidas na clase.
No caso de aceptar voluntariamente a avaliación global, o alumno disporá dun mes desde o inicio das clases, para poder facelo.
A asistencia só contará se se fai con aproveitamento.
Calquera traballo copiado, plaxiado ou realizado pola IA será calificado con 0.
As
datas de entrega serán inamovibles. A non asistencia do alumno á data,
previamente pactada, para a/s exposición/é do traballo, será considerado unha
falta grave, e non se poderá aprobar a materia sen habela levado a cabo. Os
estudantes que non alcancen o aprobado no curso poden presentarse na
segunda convocatoria (xullo), neste caso, deberán presentar un traballo, si non o realizou e realizar o exame.
As
datas dos exames publicaranse no sitio web da escola. Non se modificarán as mesmas e en caso de ser aprobado o seu cambio pola xunta
do centro, tras solicitude formal e escrita, o exame que se fará será oral. Ante
a sospeita fundada de prácticas pouco éticas durante a realización da/s
proba/s escrita/s, retirarase o exame e iso suporá o suspenso do
alumno.
O
contacto co docente realizarase a través do correo do CEU e
manténdose sempre, as normas de cortesía e o coidado da linguaxe
empregada.
A
actitude do alumno en clase debe ser correcta, tanto en actitude como en vestimenta.
en caso de non ser así, non terán o dereito de asistir a clase.
Esta guía poderá adaptarse ás necesidades específicas de apoio educativo do alumnado matriculado no programa PIUNE (PAT).