Recoméndase encarecidamente a lectura detida e traballada da presente Guía Docente, consultando nas primeiras horas da mesma calquera dúbida que poida xurdir.
Tamén se recomenda -desde o momento en que o alumno ou a alumna tome conciencia de que desexa cursar dita materia- a consulta frecuente e variada dos Portais Educativos oficiais dispoñibles na web, especialmente o do Ministerio de Educación e o da Consellería Educativa de Galicia, así como a sección de Educación e Formación da Comisión Europa.
A familiarización coa Plataforma institucional e Mircrosoft 365 da que poderán dispor, unha vez matriculados na Escola Universitaria Maxisterio CEU de Vigo, será un requisito imprescindible para o desenvolvemento da materia.
Será de gran axuda que o alumno/a poña a súa foto nas condicións e o lugar establecido para iso, no primeiros sete días do inicio do cuadrimestre ou antes, dado que facilita o labor da profesora. Grazas. |