A materia ofrece unha visión introdutoria e esencial sobre a electrificación do transporte, destacando tanto a evolución dos vehículos de combustión cara a sistemas electrificados como o papel central que desempeñan os vehículos híbridos e eléctricos na actual transición enerxética. Esta transformación tecnolóxica xera novas oportunidades para a industria de compoñentes eléctricos e sectores asociados, como a electrónica, as comunicacións e a dixitalización, e sitúa o vehículo eléctrico no centro do debate social sobre sustentabilidade, eficiencia enerxética e modelos económicos. A materia convida a reflexionar sobre estes retos, proporcionando ao alumnado as bases conceptuais necesarias para comprender o seu impacto e potencial nos ámbitos industrial e tecnolóxico, estimulándoo a desempeñar un papel activo neste proceso de cambio.