O obxectivo desta materia é coñecer e diferenciar as principais especies pesqueiras e acuícolas de interese comercial no noso país, así como describir os valores nutricionais dos produtos pesqueiros.
Preténdese coñecer e comprender os aspectos fundamentais da bioloxía de peces e cefalópodos e os aspectos básicos da bioloxía de bivalvos e crustáceos, así como adquirir os coñecementos básicos sobre parasitología dos produtos pesqueiros.
Tamén, avaliarase a alteración dos produtos da pesca e os factores que inflúen na súa calidade, estudando a microbiología dos produtos da pesca e os aspectos básicos das técnicas de identificación de especies mediante análises de ADN