A asistencia a todas as actividades presenciais é OBRIGATORIA para APROBAR a materia (salvo as ausencias debidamente xustificadas). Para superar a materia deberá obterse polo menos un 5 sobre 10 no exame ou proba final escrita. De non superarse, a cualificación do alumno será a obtida na proba final escrita. A non asistencia a proba final escrita será considerado como non presentado. Nas seguintes convocatorias, o alumno suspenso deberá realizar unicamente a Proba Final, manténdose a cualificación obtida na parte de Avaliación Continua (Prácticas de laboratorio e Seminarios).
ASISTENCIA A PRÁCTICAS E AVALIACIÓN: Unha asistencia inferior ao 75% das sesións prácticas, aínda sendo xustificada, supón a cualificación de suspenso na materia. Nese caso, os alumnos terían que someterse a un exame único para superar a materia, en forma de proba escrita que constaría de duas partes: -70% parte teórica . -30% parte práctica . Para superar a materia deberá obterse polo menos un 5 sobre 10 no exame único. A cualificación final, neste caso, suporá o 70% da cualificación do exame único e o 30% da cualificación dos seminarios. |