As sesións maxistrais serán participativas. A atención personalizada correrá a cargo dos
profesores responsables de cada tema nas correspondentes horas semanais de titoría.
Seminario
Os seminarios serán participativos. O profesor responsable estará dispoñible para resolver as dúbidas relacionadas cos exercicios ou calquera contido teórico ou práctico.
Prácticas de laboratorio
Os profesores responsables proporcionarán atención individualizada a cada alumno durante a
realización das prácticas de laboratorio e darán o soporte necesario para a comprensión dos
obxectivos, metodoloxía, técnicas concretas a utilizar e interpretación de resultados.