Nesta materia preténdese profundar no coñecemento de todos os aspectos relacionados coa reactividade en Química Orgánica e os mecanismos de reacción. Farase fincapé nos factores que afectan as estabilidades dos intermedios de reacción, á quimioselectividade e á estereoselectividade. Estes coñecementos permitirán ao alumnado predicir e xustificar comportamentos químicos.
Programa English Friendly: O alumnado estranxeiro poderá solicitar ao profesorado: a) material e referencias bibliográficas en inglés para o seguimento da materia; b) asistir a titorías en inglés; c) probas de avaliación en inglés.