A materia "Técnicas Informáticas en Química" pretende introducir ao alumnado no uso de ferramentas informáticas avanzadas, baseadas no software libre, alén de paquetes ofimáticos xa empregados durante os cursos previos do grao, ampliando así as competencias de cara ao mundo laboral e/ou investigador.
A materia divídese en catro bloques nos que se considerarán os aspectos xerais do sistema operativo GNU/Linux e como instalalo, creación de documentos en LaTeX con aplicacións químicas, Fortran e Python. Serán impartidas combinando pequenas sesións teóricas xunto con exemplos prácticos que comprobará o alumnado in situ e titeladas polos responsables da materia.
A avaliación consistirá na realización dunhas tarefas escritas (programas e documentos en LaTeX) cun peso do 50% xunto coa realización de pequenos informes nos que se explica como se implementaron as susoditas tarefas (cun peso do 30%) e da observación sistemática do traballo realizado durante as sesións prácticas nunha presentación ao final do curso (20%). Tamén se disporá da posibilidade de non utilizar a avaliación continua cun exame escrito cuxo peso será do 100% se o desexa algún estudante.
Materia do programa English Friendly. Os/as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.