A participación do alumnado en algún dos actos de avaliación da materia implicará a condición de presentado e polo tanto a asignación dunha calificación. Considéranse actos de avaliación, a presentación dalgún traballo en seminarios, a asistencia as prácticas de laboratorio (2 ou máis sesións), así como a realización dalgunha das probas escritas. Para poder aprobar a materia na convocatoria de xuño (puntuación igual ou superior a 5) o alumnado debe ter unha nota mínima en algún dos apartados no que se desglosa a avaliación. Esta nota debe ser de 4 sobre 10 na proba global, na valoración dos seminarios e na valoración das prácticas de laboratorio. Si non se superan os mínimos esixidos a cualificación final obtida será a nota ponderada da parte non superada (seminarios, prácticas, proba global) de maior puntuación. Avaliación da convocatoria de xullo 1. Manterase a puntuación obtida polo alumnado durante o curso en seminarios e prácticas (máximo 40%). 2. Realizarase unha proba escrita sobre todo os contidos teóricos da materia, que suporá un 60% da cualificación final. Para poder superar a materia (puntuación global igual ou maior de 5) nesta convocatoria o alumnado debe ter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba escrita global. Alumnado de posteriores matrículas o alumnado que fose avaliado previamente con APTO no traballo de laboratorio conservarao e non terá que facer de novo os experimentos. Con todo, para conseguir a cualificación correspondente a esta parte da materia (15%), terá que facer as tarefas ou traballos que propoña o profesorado en relación coas prácticas de laboratorio. Opción de avaliación non continua o alumnado que non desexe optar a avaliación continua deberá solicitalo a persoa coordinadora da materia. A solicitude debe efectuala nas tres primeiras semanas do curso. Para superar a materia deberá realizar o traballo de laboratorio, obter a calificación de APTO, e realizar unha proba global, na se avaliarán todos os contidos da materia, tamén os correspondestes as prácticas de laboratorio, e obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10. |