Resolución de problemas |
Durante o desenvolvemento do tema utilizarase a resolución de cuestións e problemas con obxecto de reforzar os aspectos presentados nas clases maxistrais. |
Traballo tutelado |
Realizarase un traballo en grupo que estará baseado na resolución de problemas reais onde os alumnos terán que proporcionar unha solución factible e viable a un problema proposto. |
Prácticas de laboratorio |
Realizaranse experimentos de laboratorio relacionados coa química industrial e os seus procesos. O alumno disporá dos guións de prácticas así como do material de apoio necesario para para unha adecuada comprensión dos experimentos a levar a cabo. O alumno elaborará un informe final no que deberá recoller os principais resultados e conclusións. |