O aseguramento da calidade nos laboratorios analíticos representa un aspecto de crecente relevancia. Nesta materia preténdese introducir ao alumnado do último curso do Grao aos principios xerais para a avaliación e mellora continua da calidade nos laboratorios de análise. Ao longo do curso se introducirán as referencias normativas e documentación básica dos sistemas da calidade, se describirán e aplicarán ferramentas estatísticas empregadas de xeito sistemático para acadar a calidade analítica, se abordará a selección e validación de métodos de análise e aspectos relativos á xestión de laboratorio, equipos e reactivos. Así mesmo, o alumno entenderá as dificultades na toma de mostra e a importancia de realizar un deseño do plan de mostraxe. Ademais, se verá como se realiza a avaliación interna e externa da calidade. No primeiro caso, mediante o control dos brancos, reactivos, uso de materiais de referencia certificados e, no segundo caso, mediante os exercicios de intercomparación, as auditorías e as acreditacións.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.