Prácticas de laboratorio:
A asistencia ás clases prácticas de laboratorio é
obrigatoria.
O traballo de laboratorio será avaliado como se indicóu con anterioridade. Neste apartado incluiranse os seguintes aspectos: traballo previo
e/ou posterior, desenvolvemento do traballo experimental e caderno de
laboratorio. A avaliación do desenvolvemento do traballo experimental
realizarase utilizando a ferramenta de observación sistemática. Para que o alumnado supere a materia deberá obter a cualificación de APTO
no traballo de prácticas de laboratorio. No caso de que non se superen os mínimos esixidos nalghuna das probas
anteriores, a cualificación final obtida na materia será a cualificación ponderada da proba de avaliación global.
Mínimos esixibles: A
identificación de erros conceptuais graves, conlevará unha asignación de
actividades específicas orientadas a adquirir ditas competencias. Estas actividades
serán evaluadas como parte do 20% correspondente aos entregables.
AVALIACIÓN EN XULLO: manterase a cualificación obtida
polo alumnado durante o curso en resolución de problemas, prácticas de
laboratorio e traballos. Realizarase unha proba sobre todos os contidos
teóricos da materia que suporá un 45% da cualificación final e unha proba escrita
da parte
experimental que suporá un 15% da cualificación final.
Será necesario alcanzar nestas probas un mínimo de 4 puntos sobre 10 para
superar a materia e para ter en conta o resto dos elementos de avaliación.
ALUMNADO DE 2ª E POSTERIORES MATRÍCULAS: Ao
estudantado que fose avaliado con APTO/A no traballo de laboratorio no curso
anterior outorgaráselle mención de APTO/A no seguimento do traballo de
laboratorio no curso académico actual, non sendo necesaria a realización dos
experimentos novamente. Con todo, deberán realizar os entregables e a proba
escrita da parte experimental para conseguir a cualificación correspondente á
parte experimental da materia no curso académico actual. CONDICIÓN DE PRESENTADO/A: A participación do/a
estudante nalgún dos actos de avaliación da materia implicará a condición de
presentado/a e, polo tanto, a asignación dunha cualificación. Considéranse actos
de avaliación a asistencia a clases prácticas de laboratorio, a entrega de
traballos e exercicios encargados polo profesorado, ou a realización de algunha
proba. OPCIÓN DE
AVALIACIÓN NON CONTINUA: (provisional). A UVigo está a elaborar unha normativa ao respecto) o
alumnado que desexe non optar á avaliación continua deberá solicitalo durante
as tres primeiras semanas de curso á persoa coordinadora da materia.Para superar a materia deberá realizar as Prácticas de Laboratorio,
acadar cualificación APTO/A no
traballo desenvolvido no laboratorio e cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 na proba escrita da parte
experimental. Ademais deberá obter como mínimo 5 puntos sobre 10 nunha proba na
que se avaliarán todos os contidos da materia. |