Guia docente 2024_25
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química organometálica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Ademais de resolver exercicios prácticos que permitan aos alumnos asentar os coñecementos sobre os temas desenvolvidos nas clases de teoría, e de resolver todas as dúbidas expostas, as clases de seminario, utilizaranse para levar a cabo a avaliación continua dos alumnos.
Este proceso de avaliación continua realizarase a través da resolución de exercicios dentro e fose da aula relacionados cos contidos da materia así como a resolución de cuestións curtas propostas polo profesor. A nota global de todos os exercicios deberá superar o 3 sobre 10 para ser tida en conta na nota final.
20 A3
B1
B3
B4
C38
C39
Prácticas de laboratorio A asistencia ás clases prácticas presenciais é obrigatoria. A avaliación nas prácticas de laboratorio constará dunha parte baseada no comportamento e destreza por observación directa do/a profesor/a así como do traballo previo e posterior ao traballo experimental. Necesítase un 5 sobre 10 para superar a materia. Aqueles alumnos que teñan as prácticas aprobadas no curso anterior poderán solicitar non repetilas no curso actual mantendo a cualificación obtida. 15 A3
B1
B3
B4
C38
C39
D2
Presentación Individual ou en grupo dun artigo de investigación relacionado coa materia. Terase en conta tanto a presentación e a claridade das diapositivas como as respostas ás preguntas dos docentes e alumnado. 15 A3
B1
B3
B4
C38
C39
Exame de preguntas de desenvolvemento Unha proba curta sobre os contidos dos primeiros temas. Esixirase unha nota mínima de 3 puntos sobre 10 para ser considerada. 20 B1
B3
B4
C38
C39
Exame de preguntas de desenvolvemento Unha proba final na que se fará unha avaliación global da materia e valerá o 40% da nota final. Requírese un 3 sobre 10 para superar a materia. 30 B1
B3
B4
C38
C39
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Condicións para superar a materia 

- Superar as prácticas de laboratorio cunha nota igual ou superior a 5 sobre 10. 

- Unha nota de 5 sobre 10 no resto de metodoloxías/probas en avaliación continua ou na segunda convocatoria, considerando a nota do laboratorio, en avaliación non continua. 

 Desenvolvemento da avaliación continua

- As competencias específicas da materia relacionadas coas competencias do título avaliaranse de forma explícita en exercicios entregables e probas escritas. As competencias básicas, xerais e transversais avaliaranse implicitamente na cualificación dos exercicios.

 - Para telos en conta na cualificación final será necesaria unha puntuación superior ou igual á que se detalla na descrición de cada proba. 

-Os alumnos que non superen a materia ao final do cuadrimestre deberán realizar unha proba escrita no período de peche da avaliación final no mes de xullo. Esta proba terá un valor do 50% da nota e substituirá os resultados das dúas probas de preguntas de desenvolvemento. As notas do resto das actividades non son recuperables.  

Avaliación non continua

 A elección da modalidade de avaliación non continua implica a renuncia ao dereito a seguir avaliando as actividades da modalidade de avaliación continua que restan e a cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas xa realizadas. No caso de optar pola avaliación non continua ou de non acadar a puntuación mínima esixida para a avaliación continua, o alumno/a poderá realizar unha proba ao final do cuadrimestre na que deberá resolver cuestións relacionadas con todas as competencias específicas da materia, excepto as os prácticos. Esta proba terá unha duración diferente á realizada polos que opten pola avaliación continua e a cualificación obtida será do 85% da nota final.  Para aprobar a materia será necesario un 5 sobre 10.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000