Condicións para superar a materia - Superar as prácticas de laboratorio cunha nota igual ou superior a 5 sobre 10. - Unha nota de 5 sobre 10 no resto de metodoloxías/probas en avaliación continua ou na segunda convocatoria, considerando a nota do laboratorio, en avaliación non continua. Desenvolvemento da avaliación continua - As competencias específicas da materia relacionadas coas competencias do título avaliaranse de forma explícita en exercicios entregables e probas escritas. As competencias básicas, xerais e transversais avaliaranse implicitamente na cualificación dos exercicios. - Para telos en conta na cualificación final será necesaria unha puntuación superior ou igual á que se detalla na descrición de cada proba. -Os alumnos que non superen a materia ao final do cuadrimestre deberán realizar unha proba escrita no período de peche da avaliación final no mes de xullo. Esta proba terá un valor do 50% da nota e substituirá os resultados das dúas probas de preguntas de desenvolvemento. As notas do resto das actividades non son recuperables. Avaliación non continua A elección da modalidade de avaliación non continua implica a renuncia ao dereito a seguir avaliando as actividades da modalidade de avaliación continua que restan e a cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas xa realizadas. No caso de optar pola avaliación non continua ou de non acadar a puntuación mínima esixida para a avaliación continua, o alumno/a poderá realizar unha proba ao final do cuadrimestre na que deberá resolver cuestións relacionadas con todas as competencias específicas da materia, excepto as os prácticos. Esta proba terá unha duración diferente á realizada polos que opten pola avaliación continua e a cualificación obtida será do 85% da nota final. Para aprobar a materia será necesario un 5 sobre 10. |