Para aprobar a materia é necesario aprobar as prácticas de laboratorio e seminarios. De realizarse unha proba escrita a puntuación debe ser polo menos 4 sobre 10 para poder facer media coas outras seccións da avaliación. A puntuación media total debe ser de 5 puntos sobre 10 ou superior para que poda superarse a materia. A presentación de calquera exercicio que poida ser avaliado, ou a realización de práctica ou proba imposibilita que a cualificación sexa 'non presentado'. No exame de Xullo (2ª oportunidade) manterase a cualificación obtida polo alumnado na presentación e nas prácticas de
laboratorio realizadas durante o período docente. Iso significa que o alumnado unicamente realizará a proba de preguntas
obxectivas no devandito exame. Compromiso ético. Espérase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase
que esa persoa non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. |