Esta materia, de cuarto do Grao de Química, ten como obxectivo principal dar a coñecer ao alumno a metodoloxía, dirección, xestión e organización de proxectos no ámbito da Química. Cos coñecementos adquiridos en Química, Enxeñaría Química e outras materias afíns o alumnado debe ser capaz de desenvolver un Proxecto en Química. Ao final do curso o alumnado debe ser capaz de redactar, planificar, executar e dirixir proxectos industriais no ámbito da Química. Ademais o alumnado debe de participar nun proxecto colaborativo que de solucións a problemas da sociedade. Como materia do programa English Friendly, o alumnado internacional poderá solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, b) atender as tutorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.