Guia docente 2024_25
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química inorgánica II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Cada estudante resolverá exercicios de formulación, cuestións e/ou problemas similares aos recollidos nos boletíns.

Tamén levaranse a cabo entregas destes exercicios e/ou das cuestións plantexadas nos diferentes estudos de casos prácticos debatidos tanto nas clases de problemas como nas sesións maxistrales.

A puntuación deste apartado só se considerará si nas probas escritas alcánzase unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
20 A2
A3
B3
B4
C8
C9
D2
Prácticas de laboratorio Nas sesións de laboratorio levarase a cabo un seguimento do traballo experimental realizado polo alumnado (actitude e destrezas adquiridas).

É importante indicar que é OBRIGATORIA a asistencia a todas as sesións de laboratorio. A falta de asistencia, aínda sendo xustificada, penalizará a nota (en caso de ausencias xustificadas recoméndase recuperar a práctica noutro grupo). Si o número de ausencias é superior ao 25 % das sesións de laboratorio, suporá suspender a materia.

Se no se acada unha cualificación igual o superior a 5 neste apartado tamén suporá suspender a materia.

A avaliación nas prácticas de laboratorio terá en conta a entrega e doada resposta das cuestións previas, a doada elaboración do caderno de laboratorio, o comportamento e as destrezas acadadas polo alumnado, en cada unha das sesións prácticas.
Ademáis se lle poderá pedir ao alumnado a realización de cuestións sou unha proba relacionadas coas prácticas realizadas que deberán entregar nese momento e que servirán para a súa avaliación.

As persoas que realizasen e aprobasen as prácticas no curso (2022-2023) quedan exentas de volvelas a facer se así o desexan. Conservase a nota.

A puntuación deste apartado só se considerará si nas probas escritas alcánzase unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
15 A2
A3
B3
B4
C8
C26
Traballo tutelado O alumnado deberá facer o curso: "In-formate coa Biblio" que terán a súa disposición na plataforma Moovi.

O alumnado que acade a cualificación de "Apto" recibirá un certificado computable por 15 horas de traballo para o recoñecemento de créditos ECTS.

A nota deste curso constituirá a puntuación deste apartado.

Dita puntuación considerarase na nota final da materia se, nos exames de preguntas de desenvolvemento, acadase unha nota igual o superior a 5 sobre 10.
10 A2
A3
B3
B4
C8
C9
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Na data oficial fixada no calendario de exames da Facultade de Química realizarase unha proba escrita sobre a materia impartida nos temas do 1 ao 5.

É necesario acadar unha nota igual o superior a 5 sobre 10 para superar a asignatura.
25 A2
A3
B1
B3
B4
C8
C9
Exame de preguntas de desenvolvemento Na data oficial fixada no calendario de exames da Facultade realizarase unha proba escrita sobre a materia impartida nos temas do 6 ao 11.

É necesario acadar unha nota igual o superior a 5 sobre 10 para superar a asignatura.
30 A2
A3
B1
B3
B4
C8
C9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira oportunidade (Maio-Xuño)

Avalición continua: 

No caso de non acadar a cualificación mínima
esixida nalgunha proba para superar a materia, a cualificación final reflectirá
o máis fielmente posible a cualificación real obtida ao longo do curso.

Enténdese que un/unha estudante se presentou
á avaliación da materia e, por tanto, consignaráselle unha cualificación, nos
seguintes supostos: 

1. Se se presenta a algún exame de preguntas
de desenvolvemento.

2. Se se participa en probas ou actividades
de avaliación continua máis alá dos prazos establecidos polo centro para a
solicitude de modalidade de avaliación global. 

É preciso unha nota mínima de 5 sobre 10 para
superar a materia.

Avaliación global:

O alumnado que teña concedido polo decanato a
avaliación global terá un exame de preguntas de desenvolvemento (75%) que se
realizará na data oficial do exame para cada oportunidade de avaliación
dentro do período de probas oficiais marcado no calendario académico de cada
curso, ao que sumarase a nota obtida nas prácticas (15%) e no traballo tutelado (10%).

É preciso unha nota mínima de 5 sobre 10 no examen global e as prácticas para
superar a materia.

Avaliación do alumnado do Ciclo integrado do
Programa de Maiores:

- Asistencia obrigatoria ao 80% das
clases teóricas e seminarios.

- Realización dos problemas, exercicios ou
test autoavaliables.

- Realización dun traballo sobre algún tema
relacionado coa asignatura.

Segunda Oprtunidade (Xullo): Síguense os mesmos criterios que na primeira
convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000