Primeira oportunidade (Maio-Xuño) Avalición continua: No caso de non acadar a cualificación mínima
esixida nalgunha proba para superar a materia, a cualificación final reflectirá
o máis fielmente posible a cualificación real obtida ao longo do curso. Enténdese que un/unha estudante se presentou
á avaliación da materia e, por tanto, consignaráselle unha cualificación, nos
seguintes supostos: 1. Se se presenta a algún exame de preguntas
de desenvolvemento. 2. Se se participa en probas ou actividades
de avaliación continua máis alá dos prazos establecidos polo centro para a
solicitude de modalidade de avaliación global. É preciso unha nota mínima de 5 sobre 10 para
superar a materia. Avaliación global: O alumnado que teña concedido polo decanato a
avaliación global terá un exame de preguntas de desenvolvemento (75%) que se
realizará na data oficial do exame para cada oportunidade de avaliación
dentro do período de probas oficiais marcado no calendario académico de cada
curso, ao que sumarase a nota obtida nas prácticas (15%) e no traballo tutelado (10%). É preciso unha nota mínima de 5 sobre 10 no examen global e as prácticas para
superar a materia. Avaliación do alumnado do Ciclo integrado do
Programa de Maiores: - Asistencia obrigatoria ao 80% das
clases teóricas e seminarios. - Realización dos problemas, exercicios ou
test autoavaliables. - Realización dun traballo sobre algún tema
relacionado coa asignatura. Segunda Oprtunidade (Xullo): Síguense os mesmos criterios que na primeira
convocatoria. |