Resolución de problemas |
Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno/a debe desenvolver as solucións axeitadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase empregar como complemento da lección maxistral. |
Prácticas de laboratorio |
Realización baixo a supervisión do profesorado pero de maneira autónoma, de prácticas de laboratorio en sesións de 3,5 horas cada unha. O alumnado disporá, a través da aula virtual, do material necesario para a preparación previa dos experimentos. O traballo con dito material, previo a sesión de clase de laboratorio, poderá incluír a realización e entrega de tarefas. Durante o desenrolo das prácticas, cada estudante elaborará un caderno de laboratorio, onde anotará toda la información relativa ao experimento realizado (reaccións, observacións, resultados, etc.). Despois da realización da práctica, o alumnado deberá completar o traballo indicado en cada caso.
Poderá quedar exento de realizar as prácticas de laboratorio aquel alumnado que as fixese e aprobase no curso académico 2022-23, si así o desexa. Neste caso, manterase, na parte de laboratorio, a cualificación acadada no seu día. |
Traballo tutelado |
O alumnado, de maneira individual o en un grupo
que non supere 3 persoas, elaborará un traballo de busca bibliográfica sobre unha temática relacionada con algunha parte da materia.
Para súa elaboración o alumnado fará un curso "Busca e xestión da información para un traballo académico" especialmente elaborado por o persoal da Biblioteca e dispoñible na plataforma Moovi. A nota deste traballo xunto coa nota do curso será a nota final deste apartado.
|