Para superar a materia o estudante debe: - Conseguir un 5 (sobre 10) de nota media das actividades de avaliación
- Conseguir unha nota minima de 4 en cada unha das probas de exame de preguntas obxectivas.
No caso de non conseguir algunha destas dúas condicións na Acta figurará o resultado ponderado das probas de exame.
Un alumno que realice mais do 20% do traballo total planificado será cualificado de acordo coa lexislación vixente e, por tanto, non poderá figurar na Acta a mención de NON PRESENTADO. En calquera caso, a realización dunha das probas curtas, suporá a calificación da materia.
Os alumnos que non superen a materia ao final do cuadrimestre deberán facer unha proba global escrita no periodo de peche de avaliación definitivo no mes de xullo. Dita proba sustituirá a os resultados das probas escritas. A calificación das probas de seminario, entregables (das actividades presenciais) e o traballo/proxecto, etc., non son recuperables.
Para os alumnos que renuncien á avaliación continua e opten por unha avaliación global, a primeira das probas curtas computará por un 50% da nota final, e a segunda o 50% restante. Os alumnos que non superen unha ou as dúas probas curtas que se realizan durante o cuadrimestre, deberán presentarse á parte correspondente na convocatoria de Xullo.
Co fin de garantir unha avaliación de calidade e individualizada, calquera competencia *certificable nesta materia é susceptible de ser verificada mediante unha proba oral, en calquera momento antes do peche definitivo das actas.
|