Exposición por parte do profesorado sobre o tema a desenvolver, facendo especial énfase nos
aspectos máis importantes ou de difícil comprensión para o alumnado. O profesorado utilizará a
plataforma Moovi para dar información sobre a materia ou sobre o seu desenvolvemento.
Seminario
Dedicarase unha hora semanal para discutir e resolver cuestións sobre a materia que previamente o alumnado terá que traballar.
Prácticas de laboratorio
Os experimentos realizaranse ao longo de 8 sesións de 3,5 horas cada unha. O alumnado disporá dos guións de prácticas así como do material de apoio necesario na plataforma Moovi co fin de que poida ter coñecemento previo dos experimentos a realizar. O alumnado deberá elaborar o caderno de laboratorio durante a realización das prácticas.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000