Puntúase aquí xunto co esforzo e a actitude, as destrezas e as competencias desenvolvidas polo alumnado durante a realización das distintas prácticas.
A asistencia as sesións de prácticas é obrigatoria e, polo tanto, non é posible aprobar a materia no caso de non terse realizado.
5
A1
B1 B3
C11 C28 C29
D1 D3
Resolución de problemas e/ou exercicios
Ademais dos boletíns de problemas, ao finalizar cada tema ou grupo de temas, propoñeranse uns "Exercicios Avaliables" que o alumnado deberá resolver de forma autónoma e entregar no prazo fixado polo profesorado.
12
A1
B1 B3
C11 C13 C29
D1 D3
Autoavaliación
Ao finalizar cada tema o alumnado terá a posibilidade de respostar, a través da plataforma MOOVI, un "Test de Autoavaliación" autocorrixible.
8
A1
B1 B3
C11 C13 C29
D1 D3
Exame de preguntas de desenvolvemento
Realizarase unha proba escrita á metade do cuadrimestre na data aprobada pola Xunta de Facultade. A dita proba versará sobre os contidos dos temas I, II e III.
35
A1
B1 B3
C11 C29
D1 D3
Exame de preguntas de desenvolvemento
Realizarase unha proba escrita ao final do cuadrimestre na data aprobada pola Xunta de Facultade (a data coincidirá coa correspondente á da Proba Global para o estudantado da modalidade de Avaliación Global). A dita proba versará sobre os contidos dos temas IV, V e VI.
35
A1
B1 B3
C11 C13 C29
D1 D3
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas
Ao finalizar as prácticas, o alumnado elaborará o informe dunha das prácticas (proposta polo profesorado) que se deberá presentar coidando os aspectos formais relativos á organización, uso correcto das unidades, confección correcta das gráficas e exposición dos resultados. Valorarase tamén a análise crítica destes e a obtención de conclusións.
5
A1
B1 B3
C11 C28 C29
D1 D3
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación Continua:
- O traballo voluntario do alumno ("Test de Autoavaliación" e "Exercicios Avaliables") poderán constituír ata o 20% da cualificación final sempre que o alumno realice, polo menos, a metade das actividades que se propoñan ao longo do curso.
- Para superar a materia é requisito imprescindible que as cualificacións nas probas escritas sexa igual ou superior a 4,0 sobre 10,0 puntos. No caso de non acadar dita puntuación a cualiificación que se reflectirá na acta será únicamente a media das cualificacións das probas, non contabilizándose ningún dos demais apartados.
- Para superar a materia é requisito imprescindible realizar as prácticas de laboratorio e obter nas mesmas unha cualificación mínima global de 5,0 sobre 10 puntos (50% traballo de laboratorio, 50% informe). No caso de non acadar dita puntuación a cualificación que se reflectirá na acta non poderá superar 4,0 puntos.
- A asistencia as sesións de prácticas é obrigatoria e, polo tanto, non é posible aprobar a materia no caso de non terse realizado.
- Para superar a materia é requisito imprescindible obter unha cualificación igual ou suparior a 5,0 puntos sobre 10 na cualificación global da mesma (10% prácticas de laboratorio, 12,5% exercicios avaliables, 7,5% cuestionarios de autoavaliación, 65% probas escritas e 5% informes de prácticas).
Avaliación Global:
O alumnado que, dentro do prazo fixado pola Facultade, opte pola modalidade de Avaliación Global, realizará unha proba escrita global na data fixada pola Xunta de Facultade. Esta proba escrita global suporá o 85% da cualificación da materia.
Nesta avaliación global as Prácticas de Laboratorio constituirán o 7% da cualificación da materia e un 8% os correspondentes informes.
- Para superar a materia é requisito imprescindible obter na proba escrita global unha cualificación igual ou superior a 4,0 sobre 10,0 puntos.
No caso de non acadar dita puntuación a cualiificación que se
reflectirá na acta será únicamente a cualificación da proba global, non contabilizándose ningún dos demais apartados.
- Para superar a materia é requisito imprescindible realizar as prácticas de laboratorio e obter nas mesmas unha cualificación mínima global de 5,0 sobre 10 puntos (47% traballo de laboratorio, 53% informe). No caso de non acadar dita puntuación a cualificación que se reflectirá na acta non poderá superar 4,0 puntos.
- Para superar a materia e requisito imprescindible obter unha cualificación igual ou superior a 5,0 puntos sobre 10 na cualificación global da mesma.
Condición de presentado/non presentado:
A participación do alumnado nalgunha das probas escritas ou a asistencia a mais de dúas sesións de laboratorio implicará a condición de "presentado/a" e, polo tanto, a asignación dunha cualificación.
Segunda Oportunidade:
No caso da Avaliación Continua para a avaliación da segunda oportunidade, manteranse as cualificacións dos "Exercicios Avaliables", dos "Test de Autoavaliación" , das prácticas de laboratorio e dos correspondentes informes.
No caso da Avaliación Global para a avaliación da segunda oportunidade, manteranse as cualificacións das prácticas de laboratorio e dos correspondentes informes.