Será necesaria unha nota mínima de 3,5 sobre 10 en cada un dos exames prácticos, ademáis de en cada un dos outros apartados da avaliación (actividades introductorias, prácticas de laboratorio e resolución de problemas). En caso de non superar este mínimo nalgunha das partes, a nota final será a nota ponderada (50%) dos exames prácticos de laboratorio. A asistencia a todas as sesións de laboratorio é obrigatoria ao tratarse de prácticas de carácter experimental. A participación en probas ou actividades de avaliación continua ou a asistencia a sesións de laboratorio posteriores ao prazo establecido polo centro para a solicitude de modalidade de avaliación global, implica a condición de presentado/a. Se o estudante renuncia a avaliación continua e opta por unha avaliación global deberá realizar unha proba práctica no laboratorio (cualificación 100%). No modo de avaliación global a asistencia a todas as sesións de laboratorio é igualmente obrigatoria ao tratarse de prácticas de carácter experimental. Na convocatoria de xuño-xullo realizarase unha proba práctica de laboratorio (cualificación 100%). |