Resolución de problemas |
Estas clases inclúen os seguintes aspectos.
a) Cada alumno de maneira individual deberá realizar unha serie de exercicios para afianzar o estudo e comprensión da materia. Estes exercicios serán considerados para a avaliación.
b) Aclaracións de dúbidas dos conceptos anteriormente explicados nas clases maxistrais.
c) Os alumnos de maneira individual ou en grupo realizarán cadros sinópticos dos temas analizados nas clases maxistrais co fin de ter unha visión xeral do temario, o que lles facilitará a súa comprensión.
d) Neste apartado tamén traballaremos certos contidos do temario de Bioloxía, que por experiencia do profesorado son de máis difícil comprensión e que por tanto requiren un maior apoio didáctico.
e) Si é necesario estas clases serán tamén usadas para a presentación de traballos. |