Resolución de problemas |
Estas clases inclúen os seguintes aspectos.
a) Cada alumno, de forma individual, deberá realizar unha serie de exercicios para afianzar o estudo e comprensión da materia. Estes exercicios serán considerados para a avaliación.
b) Aclaracións de dúbidas dos conceptos anteriormente explicados nas clases maxistrais.
c) Os alumnos, de xeito individual ou en grupo, realizarán cadros sinópticos dos temas analizados nas clases maxistrais co fin de ter unha visión xeral do temario, o que lles facilitará a súa comprensión e interrelacións.
d) Neste apartado tamén traballaremos certos contidos do temario de Bioloxía, que por experiencia do profesorado son de máis difícil comprensión e que, polo tanto, requiren un maior apoio didáctico.
e) Si é necesario estas clases serán tamén usadas para a presentación de traballos. |
Traballo tutelado |
Realización (procura de información, preparación e exposición) dun traballo en grupo.
A actividade estará relacionada cos campos da bioloxía celular, bioloxía molecular, xenética, inmunología e biotecnoloxía, e será proposta polo profesor. O profesor poderá dar apoio e achegar parte da información necesaria para a súa execución. A actividade será considerada para a avaliación. |