Lección maxistral |
Exposición de contidos por parte do profesor, análise de competencias, explicación e demostración de capacidades, habilidades e coñecementos na aula, utilizando como metodoloxía a clase maxistral participativa e na que a función do profesor é explicar os fundamentos teóricos da materia. |
Seminario |
Construción significativa do coñecemento a través unha reunión especializada, de natureza técnica ou académica, que tenta desenvolver un estudo profundo sobre a materia en cuestión.
A construción significativa do coñecemento é activa, xa que os alumnos deben buscar e elaborar a información no marco dunha colaboración recíproca entre sí e a partir da interacción co profesor. |