Lección maxistral |
Dúas horas de clase están reservadas, onde o coordinador da materia de Traballo de Fin de Grao presentará as claves para a elaboración e defensa do TFG. |
Aprendizaxe-servizo |
Existe a posibilidade de cursar o TFG seguindo a metodoloxía Aprendizaxe-Servizo, sempre que esta posibilidade sexa ofrecida por un titor. Neste caso, a dedicación é de 8 horas presenciais e 282 horas de traballo persoal. Esta metodoloxía substitúe ao clásico traballo tutelado. |