A realización de traballos (30%) e a súa exposición (10%) pode ser substituída por un exame teórico e práctico coa porcentaxe suma d 40% da nota final. Esta opción será valorada polo profesor para superar a materia.
Para superar a materia, esíxese que a cualificación global de cada un
dos módulos por separado non sexa
inferior a 4 puntos. Adicionalmente, no caso do traballo tutelado, é
necesario que, polo menos una das partes (Análises Vectorial ou
Análises Ráster) teña unha cualificación igual ou superior a 5 puntos
para que poida facer media coa outra parte, a cal ten que ter
unha cualificación igual ou superior aos 4 puntos.
Algunhas clases maxistrais terán caracter obigatorio dado o contido práctico das mesmas. Isto notificarase con suficiente antelación a través da web Moovi aos alumnos matriculados.
A data, hora e lugar de realización das probas de avaliación, así como as actividades obrigatorias serán publicadas na web de Moovi da materia.
Avaliación Global e Convocatoria Extraordinaria:
A solicitude para esta opción de avaliación terase
que presentar no tempo e forma que determine o Centro, que será publicado
con anterioridade ao comezo académico.
Dado
o carácter experimental das actividades, a asistencia ás mesmas é obrigatoria para poder optar a esta opción de avaliación.
A non
asistencia a prácticas, clases obliatorias e seminarios, sen causa xustificada invalida esta posibilidade,
así como a oportunidade de avaliación extraordinaria (2ª oportunidade).
Tanto as prácticas como os seminarios, traballo tutelado e a avaliación final deben haberse aprobado cun 40% da nota parcial de cada un, En caso de suspenso a segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria) realizarase cun exame de preguntas obxectivas e un exame de problemas coa porcentaxe suma das probas non superadas.
Outras consideracións
Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supor suspender a materia durante un curso completo. levará un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente disciplinario