Opción de avaliación global: A solicitude para esta opción de avaliación terase que presentar no tempo e forma que determine o Centro, que será publicado con anterioridade ao comezo académico. Dado o carácter experimental das prácticas e seminarios, a asistencia ás mesmas é obrigatoria para poder optar a esta opción de avaliación. A non asistencia ás prácticas, sen causa xustificada invalida esta posibilidade, así como a oportunidade de avaliación extraordinaria (2ª oportunidade). 2ª oportunidade (convocatoria de xullo): Todas as probas realizadas en avaliación
continua poderán ser recuperadas na 2ª oportunidade, manténdose a porcentaxe
correspondente anteriormente indicado. A data, hora e lugar de realización das probas de evaluación, serán publicadas na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar: http://mar.uvigo.es/index.php/gl/alumnado-actual/examenes-2 Requírese
do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta.
Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio)
encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en
todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas
poderán supoñer suspender a materia durante un curso completo. levará un
rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia,
solicitar a apertura ao reitorado dun expediente disciplinario |