Para aprobar a materia, cada alumno deberá ter superado por separado (con nota sobre 5) a avaliación de docencia (Proba de resposta longa) e as prácticas (asistencia e avaliación do informe de prácticas). No caso de prácticas de laboratorio, que sexan obrigatorias, a non asistencia a estas prácticas que non estea debidamente xustificada suporá a eliminación da opción á realización da proba de segunda oportunidade. Evidentemente, se o alumno asistiu ás prácticas, pero non as superou, terá dereito a recuperalas mediante un posto de traballo e a acudir á proba de segunda oportunidade se fose necesario. A solicitude para optar á opción de avaliación global terase que presentar no tempo e forma que determine o Centro, que será
publicado con anterioridade ao comezo académico. No caso de que o alumno realice o exame de segunda oportunidade (proba de xullo), gardaranse os resultados das probas semanais, prácticas de laboratorio e seminarios para a estimación da nota final no caso de que o alumno supere (con nota en 5) o exame. Se o alumno supera o exame de segunda oportunidade, a nota suporá o 40% da nota final. O calendario oficial das probas de avaliación publicarase en: http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/ Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso completo. levarase un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente disciplinario. |