A data, hora e lugar de realización das probas de evaluación, serán publicadas na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar: http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/ Para aprobar a materia será necesario superar cun total de 5 puntos sobre 10 todas e cada unha das probas realizadas durante a materia. Se a nota final obtida nas probas de tipo test e probas de resposta longa non alcanza os 5 puntos, repetiranse estas probas nos exames finais da materia. Os informes de prácticas, traballos e proxectos que non alcancen a cualificación mínima, terán que enviarse coas correccións oportunas no prazo que estimarán os profesores en cada caso. Será posible presentar o traballo relacionado coa simulación de depuración de augas residuais a un congreso para estudantes que se celebra anualmente na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo. Esta presentación será en modo "presentación oral" ou "póster". A participación e presentación dun traballo neste congreso se valorará mediante a mellora da calificación obtida no artigo. Os alumnos participantes tamén recibirán unha acreditación de ter participado no congreso, así como da presentación dun traballo no mesmo. A realización por parte do alumno de calquera proba das que se mostran anteriormente será tida en conta inmediatamente para a cualificación final e constará na acta como alumno presentado na convocatoria correspondente. A falta inxustificada a unha das sesións de seminarios ou prácticas supón a non avaliación das probas ou actividades que corresponda, debéndose repetir no curso seguinte. |