Opción de avaliación continua
En cada dos diferentes apartados será necesario obter un mínimo
de 5 puntos sobre 10 para realizar a ponderación e aprobar a materia, excepto nas probas de seguimento do bloque teórico.
Opción de avaliación global
A solicitude para esta opción de avaliación terase que presentar no tempo
e forma que determine o Centro, que será publicado con anterioridade ao comezo
académico. Dado o carácter experimental das prácticas, seminarios e saída de estudo, a asistencia ás mesmas é
obrigatoria para poder optar a esta opción de avaliación. A non asistencia a calquera destas actividades sen causa xustificada invalida esta posibilidade, así como a
oportunidade de avaliación extraordinaria (2ª oportunidade).
Segunda oportunidade (julio)
Exame de recuperación de cada unha das
partes NON superadas na 1ª oportunidade.
A data, hora e lugar de realización das probas de
evaluación, serán publicadas na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar: http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/
Outras consideracións
Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso completo. levarase un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente disciplinario