Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Coñecer e utilizar o vocabulario, conceptos, principios e teorías relacionadas coa oceanografía e aplicar todo o aprendido nunha contorna profesional e/ou de investigación. |
B4 |
Xestionar, procesar e interpretar os datos e información obtidos tanto en campo como en laboratorio. |
B5 |
Elaborar, executar e redactar proxectos básicos ou aplicados desde unha perspectiva multidisciplinar en oceanografía. |
C9 |
Adquirir coñecementos básicos sobre a organización estrutural e funcional e a evolución dos organismos mariños. |
C10 |
Coñecer a diversidade biolóxica e o funcionamento dos ecosistemas mariños. |
C11 |
Aplicar os coñecementos e técnicas adquiridos á caracterización e uso sustentable dos recursos vivos e os ecosistemas mariños. |
D1 |
Desenvolver a capacidade de procura, análise e síntese da información orientada á identificación e resolución de problemas. |
D2 |
Adquirir a capacidade de aprender de forma autónoma, continua e colaborativa, organizando e planificando tarefas no tempo. |
D4 |
Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega. |
D5 |
Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos. |