Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias del Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Oceanografía xeolóxica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Informe escrito individual sobre a actividade realizada en seminarios. Pode incluír cuestionarios.

Esta actividade é de asistencia obrigatoria polo seu carácter experimental.
10 A1
A2
A3
A5
B1
B5
C12
D1
D2
Prácticas de campo Comprende un breve resumo escrito individual ou en grupo, dependendo da natureza da saída. Nel hase de reflectir a actividade realizada nas saídas e o seu alcance.

Esta actividade é de asistencia obrigatoria polo seu carácter experimental.
10 A2
A5
B1
D1
D5
Estudo de casos Informe de grupo en que se reflicten as actividades realizados durante as prácticas, no que se incluirán obxectivos, metodoloxía, resultados e conclusións.
Esta actividade é de asistencia obrigatoria polo seu carácter experimental.
25 A2
A3
A5
B1
B5
C13
C14
D1
D2
Lección maxistral Será unha proba escrita individual de entre 2 e 4 horas, cuxo obxectivo será a avaliación global do proceso de aprendizaxe e a adquisición de competencias e coñecementos.
Comprenderá un ou varios dos seguintes tipos de cuestións: preguntas longas a desenvolver, preguntas curtas, preguntas de tipo test, resolución de problemas, interpretación de imaxes, mapas ou diagramas.
40 A1
A2
A3
A5
B1
C12
C13
C14
D1
D2
Resolución de problemas de forma autónoma Resolución de cuestións e problemas relacionados cos contidos teóricos que o alumnado deberá resolver de forma autónoma.
15 A1
A2
A3
B1
C12
C13
C14
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia a saídas, seminarios e prácticas é condición imprescindible para estar cualificado. Estas actividades son de asistencia obrigatoria dado o seu carácter experimental.

Deberás acadar polo menos o 50% da puntuación parcial máxima en cada bloque (entendendo como bloque, cada unha das metodoloxías/probas de avaliación descritas anteriormente) para poder compensala facéndo a a media da nota obtida nos demais bloques. Se unha das partes non está cualificada ou non alcanza ese 50%, a nota final que se lle asignará ao alumno será a media pura dividida por 2.

De non superar a materia, non se conserva a cualificación obtida en ningún dos bloques para o curso seguinte.

2a oportunidade

Consistirá nun exame no que se avaliarán os contidos teóricos e prácticos da materia que non superan o 50% da puntuación máxima e sempre que o alumnado teña asistido ás clases do seminario, prácticas e excursións.

Opción de avaliación global

A solicitude desta opción de avaliación deberá presentarse no tempo e forma que determine o Centro, que se publicará con anterioridade ao inicio académico. Dado o carácter experimental das prácticas, a asistencia é obrigatoria para optar a esta opción de avaliación. A non asistencia ás prácticas sen causa xustificada invalida esta posibilidade, así como a posibilidade de avaliación extraordinaria (2a oportunidade).

Outras consideracións:

As datas oficiais dos exames pódense consultar en: http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/

Requírese un comportamento responsable e honesto do alumnado que curse esta materia. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) dirixida a falsear o nivel de coñecementos e habilidades acadados en calquera tipo de proba, informe ou traballo. 

A conduta fraudulenta pode levar a suspender a materia durante todo o curso. Destas actuacións levarase un rexistro interno para que, en caso de reincidencia, se solicite ao reitorado a apertura de expediente disciplinario.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000