A asistencia a saídas, seminarios e prácticas é condición imprescindible para estar cualificado. Estas actividades son de asistencia obrigatoria dado o seu carácter experimental. Deberás acadar polo menos o 50% da puntuación parcial máxima en cada bloque (entendendo como bloque, cada unha das metodoloxías/probas de avaliación descritas anteriormente) para poder compensala facéndo a a media da nota obtida nos demais bloques. Se unha das partes non está cualificada ou non alcanza ese 50%, a nota final que se lle asignará ao alumno será a media pura dividida por 2. De non superar a materia, non se conserva a cualificación obtida en ningún dos bloques para o curso seguinte. 2a oportunidade Consistirá nun exame no que se avaliarán os contidos teóricos e prácticos da materia que non superan o 50% da puntuación máxima e sempre que o alumnado teña asistido ás clases do seminario, prácticas e excursións. Opción de avaliación global A solicitude desta opción de avaliación deberá presentarse no tempo e forma que determine o Centro, que se publicará con anterioridade ao inicio académico. Dado o carácter experimental das prácticas, a asistencia é obrigatoria para optar a esta opción de avaliación. A non asistencia ás prácticas sen causa xustificada invalida esta posibilidade, así como a posibilidade de avaliación extraordinaria (2a oportunidade). Outras consideracións: As datas oficiais dos exames pódense consultar en: http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/ Requírese un comportamento responsable e honesto do alumnado que curse esta materia. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) dirixida a falsear o nivel de coñecementos e habilidades acadados en calquera tipo de proba, informe ou traballo. A conduta fraudulenta pode levar a suspender a materia durante todo o curso. Destas actuacións levarase un rexistro interno para que, en caso de reincidencia, se solicite ao reitorado a apertura de expediente disciplinario. |