Prácticas de laboratorio |
A asistencia prácticas de laboratorio e ás saídas de campo será obrigatoria. Deberase entregar un caderno de prácticas (máximo 1500 palabras) no que aparezan plasmadas as tarefas, resultados e observacións tanto das prácticas de laboratorio como das saídas de campo. Avaliarase a participación nas prácticas, o rigor no traballo de mostraxe e laboratorio, a aptitude para o traballo en equipo e a capacidade para elaborar e interpretar resultados. |
20 |
A3 A4 A5
|
B2 B3 B4 B5
|
C1 C9 C10 C11
|
|
Para superar a materia é necesario aprobar cada unha do tres probas (sesións maxistrais, seminarios e prácticas de laboratorio). Na segunda convocatoria realizarase un exame escrito correspondente á materia impartida e seguirase o criterio establecido no REGULAMENTO SOBRE A AVALIACIÓN, A CUALIFICACIÓN E A CALIDADE DÁ DOCENCIA E DO PROCESO DE APRENDIZAXE DO ESTUDANTADO da Universidade de Vigo. A data, hora e lugar de
realización das probas de avaliación, presentacións e entregables serán publicadas na web oficial da
Facultade de Ciencias do Mar: http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes.Requírese do alumnado que curse esta materia
unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible
calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel
de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo.
A s condutas fraudulentas poderán supor suspender a materia
durante un curso completo. levará un rexistro interno destas actuacións
para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun
expediente disciplinario. Opción de avaliación global: A solicitude para esta opción de avaliación terase que presentar no tempo e forma que determine o Centro, que será publicado con anterioridade ao comezo académico. Dado o carácter experimental das prácticas, a asistencia ás mesmas é obrigatoria para poder optar a esta opción de avaliación. A non asistencia ás prácticas, sen causa xustificada invalida esta posibilidade, así como a oportunidade de avaliación extraordinaria (2ª oportunidade).
|