Prácticas de laboratorio |
Coas mostras tomadas durante a saída ao mar, os estudantes aprenderán a realizar separación, identificación e recontos de organismos pertencentes a distintos grupos do bentos. Coa táboa de datos obtidos traballarase o apartado estatístico a partir de análise univariante, bivariante e multivariante. |
Lección maxistral |
Presentaranse e discutiranse contidos teóricos que serán avaliados nun exame final. |